martes, 26 de mayo de 2009

Berlín

A semana pasada algúns alumnos de 4º da ESO e duas alumnas de bacharalato fixemos unha viaxe a Berlín, dende o sábado 16 ata o mércores 21.
Esta viaxe foi organizada polos alumnos alemáns que participan no Defrit, que é o periódico que temos en común con outros países da Unión Europea.
Chegamos en avión ás 10:40 da noite, levamos as maletas ó hotel e saímos a dar unha volta polos arredores.
O domingo, a primeira hora da mañán fomos a ver o Parlamento e subimos á famosa cúpula pola que agora se caracteriza. Despois vimos a porta de Brandemburgo, o Atlas Museum e o museo do Pérgamo. Tamén visitamos un mercado onde comimos típica comida alemana. Despois fixemos unha viaxe en barco polo río Spree. Finalmente atopámonos cos nosos compañeiros italianos no Sonycenter.
O luns fomos ó Europa Center onde pasamos a mañán, visitamos a igrexa que durante a Seguna Guerra Mundial foi bombardeada: Kaiser Wilhelm Gedächtniskirche. Máis adiante atopámonos cos compañeiros alemáns e franceses e fomos comer, fomos en metro e camiñamos ata Alexander Platz e ali vimos a Torre da Televisión e ceamos en Potsdamer Platz.
Finalmente o martes pola mañá fomos á redacción dun periódico independente e comunista. Á tarde escoitamos un concerto de corda na Philarmonic e non comimos porque fomos a cear moi pronto todos os estudantes que participamos no Defrit como despedida e puxéronnos separados para facer un intercambio cultural entre nós.
Por último o mércores saímos de Berlín ás 7:35 para vir de volta á Coruña.

Esta foi unha experiencia fantástica na que aprendimos moito pasándoo ben.
Poñemos unhas fotos :

1 comentario:

  1. Os agregamos a nuestra lista de contactos!! Agregadnos, somos Noelia y Tamara =D

    ResponderEliminar