miércoles, 11 de noviembre de 2009

martes, 6 de octubre de 2009

comenzo do curso 2009

Benvidos o curso 2009-2010 do instituto IES Monelos. Somos alumnos de 4º da ESO e queremos desexarvos un bó comezo "como o noso". Poñemos comillas porque tivemos moitos problemas coas listas, cambiáronnos unhas cuantas veces de clase e agora a maioría dos alumnos estan descontentos coa súa...

Deste curso esperamos que se acabe e a maioría poda pasar o bacharelato.

martes, 26 de mayo de 2009

Berlín

A semana pasada algúns alumnos de 4º da ESO e duas alumnas de bacharalato fixemos unha viaxe a Berlín, dende o sábado 16 ata o mércores 21.
Esta viaxe foi organizada polos alumnos alemáns que participan no Defrit, que é o periódico que temos en común con outros países da Unión Europea.
Chegamos en avión ás 10:40 da noite, levamos as maletas ó hotel e saímos a dar unha volta polos arredores.
O domingo, a primeira hora da mañán fomos a ver o Parlamento e subimos á famosa cúpula pola que agora se caracteriza. Despois vimos a porta de Brandemburgo, o Atlas Museum e o museo do Pérgamo. Tamén visitamos un mercado onde comimos típica comida alemana. Despois fixemos unha viaxe en barco polo río Spree. Finalmente atopámonos cos nosos compañeiros italianos no Sonycenter.
O luns fomos ó Europa Center onde pasamos a mañán, visitamos a igrexa que durante a Seguna Guerra Mundial foi bombardeada: Kaiser Wilhelm Gedächtniskirche. Máis adiante atopámonos cos compañeiros alemáns e franceses e fomos comer, fomos en metro e camiñamos ata Alexander Platz e ali vimos a Torre da Televisión e ceamos en Potsdamer Platz.
Finalmente o martes pola mañá fomos á redacción dun periódico independente e comunista. Á tarde escoitamos un concerto de corda na Philarmonic e non comimos porque fomos a cear moi pronto todos os estudantes que participamos no Defrit como despedida e puxéronnos separados para facer un intercambio cultural entre nós.
Por último o mércores saímos de Berlín ás 7:35 para vir de volta á Coruña.

Esta foi unha experiencia fantástica na que aprendimos moito pasándoo ben.
Poñemos unhas fotos :

viernes, 15 de mayo de 2009

O martes 12 de maio o alumnado de 4ª de ESO fomos a exposición de Caixa Galicia " Miradas". Nela vimos a evolución da arte dende os anos 50 ata agora. os cadros dos anos 50 eran escuros e nas paletas soamente utilizaban branco, gris e negro, mentras que nos de agora son moito maís coloridos e representan esceas mais agradables. tamén vimos esculturas de artistas que nos chamaron a atención coma de Oteiza ou Cristina Iglesias.
O que mais gustouno foi o taller, nel pintamos os noso sentimentos en murais, expresando o que pensabamos nese intre, despois expusimolos os nosos compañeiros.
Os poñemos unhas fotos do que fixemos:

martes, 12 de mayo de 2009

domingo, 10 de mayo de 2009

Dia da ciencia na rúa.

O sábado pasado foi o día da ciencia na rúa, onde todos os colexios participantes ensinaban os traballos realizados durante uns meses, todas as actividades que se ensinan pertencen ao ámbito científico. Por exemplo: atopábamos stands de bioloxía, matemáticas, informática, química.
O ser o ano dedicado a Darwin todos os postos do parque tiñan algunha actividade relacionada con el.
O noso colexio levou un cartel cunha foto de Darwin para que ti formes parte do seu corpo, es a súa cabeza.
O final a xornada rematou soltando centenares de globos.

Dia da ciencia na rúa.

Charla dos transplantes

O xoves día 7 recibimos a visita do centro de transplantes do hospital Univesitario da Coruña.
Nesta charla veu unha enfermeira especializada nos transplantes, quen nos informou da parte máis teorica do tema, como son os aspectos que fan falla para que unha persoa sexa transplantada, quen pode ser doador etc.....
Acompañabaa unha persoa transplantada el falounos da súa experiencia esta foi a parte máis humana da charla. El é diabetico e ademáis tiña un problema co alcoholismo, a causa disto tivo problemas co figado e o pancreas e tivo que ser transplantado. El recibiu os organos dunha persoa de 16 anos polo que se sinte en debeda e foi unha das causas de que deixara a bebida e comezara a levar unha vida sá.