A derradeira semana de xaneiro (dende o sábado 24 ao 31), os alumnos de 1º de Bacharelato marchamos cara Andorra, enfrontándonos a aproximadamente 15 horas de viaxe. Paramos en Touro para recoller a un grupo de rapaces de 11 anos que tamén viñan ó noso hotel.
Fixemos amizade con varios nenos que son dignos de mención, por exemplo o famoso 'Josepe' ou 'Naranjito'.
No camiño, fixemos varias paradas.
Durante esa semana, erguiámonos sobre as 7 para vestirnos, almorzar e ir cara as pistas de esquí.
Unha vez alí, tiñamos clase cun monitor dende as 10 ata as 12; despois, contabamos con tempo libre dende o remate das clases ata as 14, a hora de comer.
E despois, tiñamos dende que rematabamos de comer ata as 17 para esquiar .
Unha vez no hotel, tiñamos tempo libre para nós ata que chegaba a hora de cear, ás 20.30.
O último día, os alumnos que quixeran podían ir a Caldea, o balneario, pagando 20 euros máis.
Marchamos o venres sobre as 19:00 despois de deixar os esquís.
Foi unha viaxe inesquecible.
Queremos repetir!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ese video tiene derechos de autor!!:P
ResponderEliminar