jueves, 30 de abril de 2009

1º Bacharelato courel

Os alumnos de primeiro de bacharelato tiñamos prevista unha saída ao Courel para o día 14 de outubro.
Chegou o día e emprendimos a nosa ruta ás 8.30 da mañá hacia Cebreiro, Brañas e Monte Faro. Neste último pobo fixemos unha parada a media mañá para xantar.
Fumos acompañados polos profesores Xabi, Gonzalo e Antón Capelán.
A saída consistiu en camiñar, camiñar e máis camiñar subindo e cruzando os corta fogos.
Ahí quedan unhas fotos da excursión.

Xoves 30-4-09

Hola a todos!!!
Hoxe no noso instituto notase a alegria dos alumnos, comeza por fin a ponte de Maio!!

Queremos dar un aviso aos alumnos de 1ºBacharelato que o próximo xoves 7-5-09 tera lugar
dende as 10:30 ata as 12:10 unha charla sobre os tranplantes que se realizan na Coruña.
Será levada a cabo por persoal do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
Darannos información sobre os transplantes e despois deberemos facer unha enquisa.

Isto e todo por hoxe, que pasedes un boa ponte!!!!!!!!

miércoles, 29 de abril de 2009

Mércores 29-4-09

Neste blog cada dia iremos falando do que acontece no noso instituto IES Monelos para tervos informados de todo o que ocorre.

As clases de 1ºBacharelato están dende o pasado luns algo vacías xa que moitos dos nosos compañeiros encontranse de viaxe en Francia nas casas dos nosos amigos franceses, volverán o próximo luns para contrarnos a sua experiencia.As actividades que están a facer os nosos compañeiros ali están relacionadas cos castelos, visitaran castelos dos arredores e presentarán traballos sobre os castelos de España que nos fixemos en lingua castelá.

Doutra banda vos informamos de que a excursión para os cursos de 1ºbach e 4ºeso ao Courel se fara o proximo 7 de marzo ainda que os informaremos de posibles cambios.

Semana Branca

A derradeira semana de xaneiro (dende o sábado 24 ao 31), os alumnos de 1º de Bacharelato marchamos cara Andorra, enfrontándonos a aproximadamente 15 horas de viaxe. Paramos en Touro para recoller a un grupo de rapaces de 11 anos que tamén viñan ó noso hotel.
Fixemos amizade con varios nenos que son dignos de mención, por exemplo o famoso 'Josepe' ou 'Naranjito'.

No camiño, fixemos varias paradas.

Durante esa semana, erguiámonos sobre as 7 para vestirnos, almorzar e ir cara as pistas de esquí.
Unha vez alí, tiñamos clase cun monitor dende as 10 ata as 12; despois, contabamos con tempo libre dende o remate das clases ata as 14, a hora de comer.
E despois, tiñamos dende que rematabamos de comer ata as 17 para esquiar .

Unha vez no hotel, tiñamos tempo libre para nós ata que chegaba a hora de cear, ás 20.30.
O último día, os alumnos que quixeran podían ir a Caldea, o balneario, pagando 20 euros máis.

Marchamos o venres sobre as 19:00 despois de deixar os esquís.


Foi unha viaxe inesquecible.
Queremos repetir!


martes, 28 de abril de 2009

Presentación


Hola a partir de hoxe imos comezar este blog, somos os alumnos de C e D de 1º de Bacharelato de TICS do IES Monelos da Coruña. Neste blog imos expoñer as actividades que se elaboran no instituto con fotos videos...


Aquí deixamosvos a foto do noso instituto



Esperamos que vos guste e que o visitedes moito.